martes, 30 de junio de 2020

DESPEDIDA

Agora si que si damos por finalizado o curso escolar. Precisarmos rematar esta etapa cun pouco de música e bos desexos... Vémonos moi pronto! 💜💜💜

BICOS A MOREAS!!!



E, recordade gozar das vacacións de verán!!!



jueves, 18 de junio de 2020

RECEITAS DE COCIÑA RICAS E SAUDABLES - ÚLTIMA ENTREGA

Rematamos o curso escolar con bo sabor de boca. Neste caso traemos unha receita moi apropiada para realizar coa chegada do bo tempo. Está feita de froita fresca e regalicia. Saborosa e apetitosa!

A cociñeira Gabriela preséntanos o resultado da súa receita 
"Moucho de froitas e regalicia"

COCIÑEIR@S CON ESTRELAS MICHELÍN!!! 🌟🌟🌟🌟🌟

domingo, 14 de junio de 2020

ÚLTIMA SEMANA LECTIVA

Benvidos/as á última semana lectiva do curso escolar 2019/2020. Como xa vos indiquei nas últimas videoconferencias que levamos a cabo durante este mes, nesta última semana lectiva non hai unha proposta de traballo como as que viñamos facendo en semanas previas. 

Para quen desexe botarlle un ollo déixovos un enlace sobre a nosa banda sonora musical, é dicir, un conxunto amplo de cancións que escoitamos nalgún que outro momento durante o primeiro e o segundo curso de educación primaria (na aula, na megafonía do colexio, no Entroido, etc.). Son consciente de que non están todas as cancións pero hai un número bastante xeitoso delas. Tendes un pouco de todo: cancións máis movidas e outras máis tranquilas. Agora só toca cantar e bailar!!!





P.D.: Intentei poñer o título da canción e/ou o artista/grupo que a canta para que vos sexa doado buscalas en YouTube.

domingo, 7 de junio de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA A SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Inclúovos a última proposta semanal, do 8 ao 12 de xuño. Xa non queda nada para rematar o curso escolar! Vémonos e escoitámonos o vindeiro xoves día 11 de xuño, na penúltima videoconferencia. 





Que teñades unha semana estupenda! 😉

martes, 2 de junio de 2020

PROBLEMAS DE MATEMÁTICAS

Fíxose esperar pero no seguinte enlace podedes acceder ao documento que creei coas vosas propostas de problemas matemáticos. Inclúo tamén o solucionario dos mesmos para que poidades verificar as respostas. Este material podédelo visualizar, realizar agora ou máis para adiante, se o considerades oportuno. Tan só tendes que descargalo e quedará da vosa man. Non necesito que mo mandedes, é para vós, de uso particular. 


Torre de construcción de ladrillos de vector color brillante ...