Benvid@s ao blogue da aula de 2ºA de educación primaria do CEIP Plurilingüe de Outes.
Nos vindeiros días empregaremos esta plataforma para continuar co proceso formativo dos rapaces e rapazas; para iso irei subindo propostas de traballo das diferentes materias que poderedes atopar na marxe dereita, así como na columna central deste blogue. Para calquera dúbida ou suxestión podedes poñervos en contacto comigo a través do seguinte correo-e: segundoaoutes@gmail.com
TEMA 1: Ao noso redor
Neste apartado inclúovos, a modo de repaso, varias fichas do tema 1 da materia de Ciencias Sociais. Nesta primeira unidade traballáramos a localidade e aspectos vencellados a esta temática. Para comezar que vos parece un pouco de música...
No hay comentarios:
Publicar un comentario