NaturAventuras

NaturAventuras é unha nova sección ou apartado dentro do blog de aula. Nela queremos amosar e compartir momentos únicos en contacto coa Natureza, co noso contorno máis próximo. Aprender a vivir en equilibrio e harmonía nos montes, fragas e diversas zonas verdes da nosa localidade. Ser coidadosos cos desperdicios que desbotamos e capturar enclaves coa nosa cámara que debemos coidar e conservar para o futuro. Porque somos parte da Natureza, coidémola entre tod@s!

Os paseos en bicicleta dan moito de sí e senón que llo conten ao noso protagonista de hoxe...

Inauguramos esta sección coa ilustración 
do noso compañeiro que mola mogollón.


🍓 Iker Gil cos seus amorodos silvestres 🍓


Aproveitando o bo tempo podemos saír a pasear e gozar da natureza. Nun dos seus paseos pola contorna de Lousame, Ainhoa e a súa familia puideron ver un espiño, planta que lle chamou moito a atención, e unha lagartixa. Mirade, mirade,...

Ainhoa e a súa familia,
un fin de semana de aventuras.

🌳 Que tipo de planta cres que é?
Árbore, arbusto ou herba? 🌳

🌞 E a lagartixa é un animal vertebrado ou invertebrado?
Que clase de animal é? 🌞



No hay comentarios:

Publicar un comentario