Neste apartado inclúo algunhas ferramentas en rede ou para descargar con pictogramas para o seu uso educativo e didáctico.
E, tamén, unha proposta de traballo semanal con carácter orientativo:
୦ PÁXINAS WEB E APPS EDUCATIVAS:
- Aprendices Visuales. Un conxunto de 15 contos para aprender cuestións básicas relacionadas coa autonomía, rutinas e emocións.
- Soy Visual. Interesante páxina web con láminas e imaxes ilustradas para estimular a linguaxe.
- Pictoaplicaciones. Trátase dunha páxina web cunha morea de recursos para xogar e aprender. Está clasificada por categorías: pictoeduca, wikipicto, pictotraductor, pictosonidos, pictocuentos, pictojuegos e pictoagenda. Concretamente o apartado adicado a pictosonidos nos permite ver e escoitar a palabra dentro dunha oración.
- Dictapicto. É unha aplicación de balde que nos permite converter, en tempo real, a voz en pictogramas. Moi útil para o día a día e, sobre todo, para planificar e anticipar situacións.
- MITA. Aplicación educativa con xogos e actividades secuenciadas gradualmente que permite reforzar as áreas relativas á linguaxe, atención e habilidade visoespacial.
- ARASAAC. Portal aragonés da Comunicación Aumentativa e Alternativa. Páxina web de referencia con infinidade de recursos e ferramentas para pensadores visuais. Aportan ideas e recursos para que poidamos levar a cabo actividades visuais e manipulativas. Contan con páxina web, Twitter, instagram e facebook.
০ VÍDEOS EDUCATIVOS:
- Los días de la semana con pictogramas.
- Los meses del año. Canción con pictogramas
- Las estaciones. Canción con pictogramas
- Bartolito. Canción para traballar os animais e as onomatopeias.
- La gallina turuleca. Canción para traballar os números. Esta outra versión é con pictogramas.
- Don Pepito y don José (a calidade do vídeo non é moi boa) tamén existe esta versión de Don Pepito y don José (de mellor calidade). Canción para traballar as fórmulas de cortesía: saúdos e despedidas.
୦ VÍDEOS E MATERIAIS PARA TRABALLAR ALGÚNS FONEMAS:
- La risa de las vocales. Canción que se centra nas cinco vogais.
- Sílabas ma-me-mi-mo-mu. El Mono Sílabo M. Vídeo para traballar o fonema m asociado as cinco vogais. É un pouco longo pero ten cousas interesantes.
- Caderno de comunicación: letra M. Documento que inclúe algunhas palabras cotiás para o traballo do fonema m.
- Sílabas pa-pe-pi-po-pu. El Mono Sílabo P. Podemos practicar o fonema p vinculado coas cinco vogais: a, e, i, o, u. Sempre remata cunha canción.
- Caderno de comunicación: letra P. Documento que nos permite incidir no fonema p.




No hay comentarios:
Publicar un comentario