martes, 30 de junio de 2020

DESPEDIDA

Agora si que si damos por finalizado o curso escolar. Precisarmos rematar esta etapa cun pouco de música e bos desexos... Vémonos moi pronto! 💜💜💜

BICOS A MOREAS!!!



E, recordade gozar das vacacións de verán!!!



jueves, 18 de junio de 2020

RECEITAS DE COCIÑA RICAS E SAUDABLES - ÚLTIMA ENTREGA

Rematamos o curso escolar con bo sabor de boca. Neste caso traemos unha receita moi apropiada para realizar coa chegada do bo tempo. Está feita de froita fresca e regalicia. Saborosa e apetitosa!

A cociñeira Gabriela preséntanos o resultado da súa receita 
"Moucho de froitas e regalicia"

COCIÑEIR@S CON ESTRELAS MICHELÍN!!! 🌟🌟🌟🌟🌟

domingo, 14 de junio de 2020

ÚLTIMA SEMANA LECTIVA

Benvidos/as á última semana lectiva do curso escolar 2019/2020. Como xa vos indiquei nas últimas videoconferencias que levamos a cabo durante este mes, nesta última semana lectiva non hai unha proposta de traballo como as que viñamos facendo en semanas previas. 

Para quen desexe botarlle un ollo déixovos un enlace sobre a nosa banda sonora musical, é dicir, un conxunto amplo de cancións que escoitamos nalgún que outro momento durante o primeiro e o segundo curso de educación primaria (na aula, na megafonía do colexio, no Entroido, etc.). Son consciente de que non están todas as cancións pero hai un número bastante xeitoso delas. Tendes un pouco de todo: cancións máis movidas e outras máis tranquilas. Agora só toca cantar e bailar!!!





P.D.: Intentei poñer o título da canción e/ou o artista/grupo que a canta para que vos sexa doado buscalas en YouTube.

domingo, 7 de junio de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA A SEMANA DO 8 AO 12 DE XUÑO

Inclúovos a última proposta semanal, do 8 ao 12 de xuño. Xa non queda nada para rematar o curso escolar! Vémonos e escoitámonos o vindeiro xoves día 11 de xuño, na penúltima videoconferencia. 





Que teñades unha semana estupenda! 😉

martes, 2 de junio de 2020

PROBLEMAS DE MATEMÁTICAS

Fíxose esperar pero no seguinte enlace podedes acceder ao documento que creei coas vosas propostas de problemas matemáticos. Inclúo tamén o solucionario dos mesmos para que poidades verificar as respostas. Este material podédelo visualizar, realizar agora ou máis para adiante, se o considerades oportuno. Tan só tendes que descargalo e quedará da vosa man. Non necesito que mo mandedes, é para vós, de uso particular. 


Torre de construcción de ladrillos de vector color brillante ...

domingo, 31 de mayo de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA A SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO

Benvidos/as a unha nova semana, a primeira do mes de xuño. Damos comezo a conta atrás, xa non queda nada... así que MOITO ÁNIMO!




Que teñades unha proveitosa semana! Vémonos o xoves 4! 😉

domingo, 24 de mayo de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA A SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

Comezamos a última semana do mes de maio... con forza? Espero que así sexa! Engádovos a continuación a proposta de traballo para esta semana.





Que teñades unha moi boa semana! Vémonos o xoves! 😊

sábado, 23 de mayo de 2020

RETO MUIÑEIRA - III PARTE

Terceira entrega do reto Muiñeira... A que estades esperando? Dádelle ao play e a bailar!




Ánimo e aproveitade estes días solleiros e despexados!!! 

domingo, 17 de mayo de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA A SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

Unha semana máis déixovos a proposta semanal para realizar as tarefas pertencentes á sexta semana do terceiro trimestre.



PDF FICHA DE VALORES SOCIAIS E CÍVICOS (alumnado desta materia)



Inclúovos outro documento de termos en castelán/galego, neste caso referido á escola, por se fora do voso interese



Que teñades unha semana estupenda! Espérovos o xoves e contádesme! 😉

viernes, 15 de mayo de 2020

RECOMPILACIÓN DE REFRÁNS GALEGOS - LETRAS GALEGAS 2020

A continuación podedes botarlle un ollo á recompilación de refráns galegos que fixemos coa vosa colaboración para conmemorar o Día das Letras Galegas, que este ano cae en domingo. Xa veredes que fermosura..!


martes, 12 de mayo de 2020

MATERIAL DAS LETRAS GALEGAS 2020

Déixovos unha pequena selección de materiais para coñecer máis e mellor a figura de Ricardo Carballo Calero, o autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas 2020. 


1. Conto "As pitas baixo a choiva" (para ler en rede)







Todo o material que aquí se presenta está recollido do Seminario Galán, así como da páxina web Primavera das Letras.

RECEITAS DE COCIÑA RICAS E SAUDABLES - 6ª ENTREGA

Nesta ocasión presentamos estas deliciosas pastas de té para acompañar cunha cunca de leite no almorzo ou como aperitivo da merenda de media tarde. Estrelas, corazóns, rombos, trevos de catro follas, lúas,... que figura escollerías?



A cociñeira Carla amósanos o resultado das súas ricas "Pastas de té"

COCIÑEIR@S CON ESTRELAS MICHELÍN!!! 🌟🌟🌟🌟🌟

Alguén máis se anima?

domingo, 10 de mayo de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA A SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

Xa estamos no ecuador deste terceiro trimestre. Como vén sendo habitual déixovos a proposta de planificación do traballo relativo a esta semana, así como un PDF con algunhas fichas. Ánimo!!!






Dado que algúns dos erros que se producen na realización dos traballos teñen que ver coa confusión de palabras nas dúas linguas oficiais (castelán e galego), déixovos esta pequena "chuleta" de termos en castelán e en galego sobre os animais, por se fose do voso interese. 




Que teñades unha moi boa semana! 😊

sábado, 9 de mayo de 2020

Refraneiro popular galego para as LETRAS GALEGAS

O vindeiro domingo día 17 de maio é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Para celebrar dita conmemoración presentamos a seguinte proposta (copiado da páxina web do centro): 

Dado que a vindeira semana deberiamos celebrar as Letras Galegas, dende os equipos de DLG e ACE solicitamos a vosa colaboración para que gravedes un breve vídeo, no que se escoite aos vosos fillos/as recitando un refrán popular galego e, como fondo, se vexa unha composición artística relativa ao refrán. É dicir, se por exemplo falase de flores, poderías por a imaxen dunhas flores do voso xardín, das que teñades nun xarrón, etc, se tratase sobre a costura poderían aparecer de fondo teas, tesoiras, dedais, agullas…
Por suposto, nas composicións que decidades facer para que aparezan como fondo da voz do voso neno/a recitando o refrán galego que escolleras, poderedes empregar os materiais que queirades. Pero, lembrade que non deben verse persoas nos vídeos que nos enviedesLogo, con eses vídeos editarase outro que agardemos recolla boa parte do refraneiro popular galego.

DATA LÍMITE DA RECEPCIÓN DOS VÍDEOS: xoves 14 de maio
ENDEREZO: actividades.ceip.outes@gmail.com

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR. AGARDAMOS OS VOSOS VÍDEOS !!!

jueves, 7 de mayo de 2020

RECEITAS DE COCIÑA RICAS E SAUDABLES - 5ª ENTREGA

Onte chegounos esta receita de cociña e, pola imaxe, debía de estar ben boa porque tan só queda a metade..!😋 Así de paso vemos como quedou por dentro... Este biscoito ten pinta de estar tan brandiño e esponxoso... 


A proposta de Iker Gil é este fabuloso "Biscoito de limón" 

COCIÑEIR@S CON ESTRELAS MICHELÍN!!! 🌟🌟🌟🌟🌟

Alguén máis quere compartir a súa receita de cociña?

martes, 5 de mayo de 2020

RECEITAS DE COCIÑA RICAS E SAUDABLES - 4ª ENTREGA

Porque comer é moito máis que alimentarse, presentamos estas dúas propostas que de seguro vos cativarán tan só con velas imaxes...

O cociñeiro Gabriel quere deleitarnos con esta "Pizza caseira"

.........................................................................................


O cociñeiro Mateo preséntanos esta exquisita "Torta de queixo"


COCIÑEIR@S CON ESTRELAS MICHELÍN!!! 🌟🌟🌟🌟🌟

E vós, que receita queredes compartir?

domingo, 3 de mayo de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA A SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

Comezamos a 4ª etapa (semana) dun total de 10 que contén este terceiro trimestre. Con ganas? Ímos aló!

Esta semana, como novidade, hai algunha proposta de traballo que inclúe o uso dos cadernos para escribir. No seguinte enlace podedes descargar as fichas pertencentes a esta semana:


Como é habitual inclúovos á proposta semanal a modo orientativo.




Que teñades unha moi boa semana! Vémonos o xoves! 💻




MAIO, O MES DAS FLORES

Comezamos o quinto mes do ano, o mes das flores, co resultado das imaxes que mandáchedes para festexar o Pampallín. Podédelas ver no seguinte enlace:


E acorde con esta conmemoración déixovos esta fermosa canción dun poema musicalizado de Curros Enríquez:


E, feliz Día da Nai!

miércoles, 29 de abril de 2020

RETO MUIÑEIRA - II PARTE

"Abro, cerro, 1, 2, 3,..." Así quedara eu co primeiro vídeo do mestre Pablo para aprender a bailar unha muiñeira. Pois ben, agora toca poñerse co segundo vídeo para ir perfeccionando o noso baile. É unha actividade que se presta para facer en familia. Animádesvos? Seguro que o ides pasar xenial! 

1ª CLASE:


2ª CLASE:


Non hai mellor maneira de festexar o Día Internacional da Danza! 


martes, 28 de abril de 2020

PAMPALLÍN 2020

Engádovos un pequeno póster sobre a actividade do Pampallín. O curso pasado xa puxeramos en funcionamento esta actividade nas aulas do colexio e gustara moito..! Podedes consultar a información de xeito máis detallado no seguinte enlace:



E se por algunha circunstancia non recordades en que consiste a actividade, podedes botarlle un ollo ao seguinte vídeo:



lunes, 27 de abril de 2020

MENSAXE ABALARMÓBIL


📣📣📣 Hoxe envieivos unha mensaxe a través da aplicación AbalarMóbil. Por favor, revisade as notificacións e respondede na menor brevidade posible. 

abalarMóbil - Aplicaciones en Google Play

domingo, 26 de abril de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA A SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

Bo día a tod@s! Comezamos unha nova semana con enerxía e coas pilas recargadas!

Especifícovos a continuación a proposta de traballo para esta semana, un chisco máis curta debido ao festivo do venres 1 de maio, Día da Festa do Traballo. Nela inclúo actividades dos materias dos nenos e nenas (libros e cadernos), así como algunha ficha que podedes descargar no seguinte enlace:



Ademais, inclúo a correspondente temporalización semanal como suxerencia á hora de realizar as actividades propostas.



🌳 Que teñades unha moi boa semana! 🌳 


P.D.: Na páxina web do colexio podedes ver o fermoso vídeo creado en alusión ao Día do Libro. Unha auténtica delicia! Para poder acceder a el pinchade aquí.

viernes, 24 de abril de 2020

RESOLUCIÓN DO TEST

O prometido é débeda... Por se había algunha dúbida arredor das solucións do test, inclúo a continuación unhas imaxes coas mesmas. SORTE !!! 


FELIZ FIN DE SEMANA! 

RECEITAS DE COCIÑA RICAS E SAUDABLES - 3ª ENTREGA

Seguimos coas vosas propostas no ámbito gastronómico. Neste caso contamos cunha sobremesa refrescante, fácil de elaborar e moi apeticible para días solleiros. Tan só precisades auga, limóns e azucre. Mirade o resultado...



O cociñeiro Juan Andrés preparou un fantástico "Granizado de limón" 🍋


COCIÑEIR@S CON ESTRELAS MICHELÍN!!! 🌟🌟🌟🌟🌟


E, vós con que nos queredes abraiar?

METAMORFOSE DOS CÁGADOS EN RAS

Non vos preguntarades durante todo este tempo que pasara cos cágados que tiñamos na aula? Pois ben, chegou o día de contarvos que pasou con eles... 👀

O último día de escola metinnos todos nunha botella grande de litro e medio con auga (pobriños, cos que eran!) e leveinos para casa. Non sabía se ían sobrevivir todos a viaxe, a auga turbia e case sen osíxeno...

Algúns morreron, moi pouquiños. A partir de aí volvín crearlle o seu hábitat, similar ao que tiñamos na clase, e pensei que algo de comer con consistencia lles tiña que ofrecer: comecei a darlles comida para peixe. Pois o invento non saíu tan mal porque aos poucos días, semanas máis ben, comezaron a sufrir a transformación:

- Primeiro saíronlle as patas de atrás
- Logo as de diante
- E, por último perderon a cola
- Xa non querían vivir somerxidas debaixo da auga e querían estar enriba das pedras.

O momento de soltalas e deixalas nunha charca tomeina cando unha tarde unha das pequenas ras estaba fóra da caixa transparente onde as tiña, arredor dos meus útiles de traballo (cadernos, bolígrafos, ordenador, etc.). Nese intre, entendín que xa era o momento de darlles máis espazo, máis liberdade e foi cando as deixei nunha auga estanca preto dun regato. Alí convivirían no seu hábitat natural co resto de ras que alí viven, en compañía, en harmonía coa natureza.

Foi unha mágoa non poder vivir ese proceso en directo pero para que vos fagades unha lixeira idea do que tiñamos que ter vivido en condicións habituais de escola, inclúovos este pequeno vídeo para que vos sintades parte da súa metamorfose. 🐸



jueves, 23 de abril de 2020

CORRECCIÓNS DAS ACTIVIDADES

As fichas que os nenos e nenas vaian facendo ao longo deste trimestre pódense mandar ao correo electrónico habilitado mentres duren as clases a distancia para a súa corrección. Vexo factible facelo de dúas maneiras:

Escanear                                           Facer fotos

                         


Calquera das dúas opcións é válida. Logo habería que mandalas por correo electrónico a: segundoaoutes@gmail.com e esperar as correccións correspondentes.

É importante ser regular á hora de enviar as actividades, é dicir, non enviar todas as fichas a final de trimestre nin tampouco de xeito diario. Penso que cunha periocidade semanal ou dúas veces por semana, en función das circunstancias de cada familia, pode ser apropiado.

2º Música IES Villa de Níjar: Corrección de tareas del tema 2

Algunhas familias xa vos estades animando a enviarme as fichas da semana pasada e hai quen emprega a ferramenta CamScanner. Por se queredes e tendes tempo de fedellar, polo pouco que vin de maneira moi sinxela permite editar as imaxes cunha boa resolución.

RECEITAS DE COCIÑA RICAS E SAUDABLES - 2ª ENTREGA

Máis compañeiros/as da aula animáronse durante estes días a enviarnos as súas suxestións culinarias. Veredes que hai de todo: primeiro prato e sobremesa para todos os gustos pero ambos cun denominador común: a pinta é fabulosa!


                                                  Ummm!!!😋



O cociñeiro Manuel quixo sorprendernos cun prato titulado: 
"Cabaciñas con recheo de atún"

...............................................................................................



A cociñeira Andrea quixo deleitarnos cun 
"Brownie de noces, sen glute"


COCIÑEIR@S CON ESTRELAS MICHELÍN!!! 🌟🌟🌟🌟🌟


Continuamos esta viaxe culinaria. ANÍMASTE A ACOMPAÑARNOS?



martes, 21 de abril de 2020

RECEITAS DE COCIÑA RICAS E SAUDABLES

Xa nos van chegando algunhas imaxes para compartir algunhas receitas que fixeron algúns alumnos/as da aula. A pinta é fabulosa! Agradezo enormemente que saquedes tempo de onde non o hai para mandarnos as vosas propostas culinarias e, deste xeito, establecer pontes de comunicación, aínda que sexa a través das redes. 


Unha auténtica delicia para os sentidos! 😋



"Sobremesa de galletas, iogur, melocotón e mel"

Receita elaborada polo cociñeiro Óscar

.............................................................................................




A cociñeira Ainhoa proponnos unha receita titulada: 

"Rollitos de xamón e queixo"


COCIÑEIR@S CON ESTRELAS MICHELÍN!!! 🌟🌟🌟🌟🌟

Esperamos as vosas receitas saborosas...

lunes, 20 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

O vindeiro xoves, día 23 de abril, é o DÍA DO LIBRO 📗. Para tal ocasión pedimosvos a vosa inestimable participación e colaboración. Abride a seguinte imaxe e seguide as indicacións...


ENTREGA DE MATERIAL ESCOLAR

A partir de hoxe, luns 20 de abril, o Concello en colaboración co CEIP Plurilingüe de Outes facilitará o material (libros e cadernos) do alumnado matriculado neste centro ás familias que así o soliciten. Na medida das posibilidades tentarase, a partir da vindeira semana, realizar algunhas das actividades propostas nestes materiais tendo en conta as indicacións proporcionadas até o momento pola Consellería de Educación (actividades de recuperación, repaso e reforzo). Para poder continuar coa proposta de tarefas da próxima semana é recomendable formular a petición ao Concello. Para máis información premede no seguinte enlace ou abride a seguinte imaxe: 

 La imagen puede contener: texto

domingo, 19 de abril de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Ola de novo nenos e nenas! Que tal a fin de semana? Espero que ben!

Comezamos esta segunda semana do terceiro trimestre cunha proposta semanal de tarefas e actividades das diferentes materias. Esta semana como novidade inclúo un test, a modo de repaso, e un cuestionario para coñecer mellor como estades levando o período de corentena. 




Como vén sendo costume, inclúo unha planificación que contempla as fichas propostas para esta semana, por se fora do voso interese.




A semana pasada incluín unha proposta para realizar unha receita de cociña sinxela: unha sobremesa saudable. No caso de que levarades a cabo esta actividade espero con ansias que me mandedes algunha foto ou pequeno vídeo do proceso e/ou resultado.

Que teñades unha moi boa semana!!! 💜 💙 💜

viernes, 17 de abril de 2020

RESISTIREMOS!!!

Queremos finalizar esta primeira semana, de incerteza e de certo caos polas novas que nos van chegando dos diferentes medios de comunicación en relación ao COVID-19, cunha canción e vídeo para vós. Porque xunt@s somos máis fortes! MOITO ÁNIMO E PACIENCIA!!! BICOS E APERTAS A MOREAS!!!  RESISTIREMOS!!

O CEIP Plurilingüe de Outes presenta:

🍀 🍀 🍀 A F O U T E Z A !!! 🍀 🍀 🍀 

Collede asento e dádelle ao play



Para vós: Gabriel, Jorge, Alejandro, Martín, Iker C., Andrea, Carla, Iker G., Juan Andrés, Óscar, Ainhoa, Gabriela, Mara, Mateo e Manuel.
Porque sodes uns campións e campioas!!! 💪

jueves, 16 de abril de 2020

RECURSO PARA TRABALLAR AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR

Déixovos o nome dunha aplicación para móbiles (non sei se tamén será válida para tabletas) para traballar as táboas de multiplicar, por se fose do voso interese.


                                      Cover art

Trátase dunha aplicación que consta de tres apartados: 

- Aprendo: aparecen as táboas do 1 até o 12 para aprendelas.

- Xogo: permíteche comezar por un nivel fácil e ir desbloqueando os niveis (as táboas) seguintes.

- Duelo: neste apartado podes baterte nun duelo con outra persoa. Existen tres niveis: fácil, intermedio e difícil. Para acceder a este apartado é importante saber moi ben as táboas, xa que gana o primeiro que elixa a opción correcta.

lunes, 13 de abril de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL


Bo día a todos/as!

Espero e desexo de todo corazón que tod@s esteades ben no referente á cuestións de saúde e que puiderades "desconectar" a pesares de que a situación segue sendo cando menos singular. Comezamos o terceiro trimestre tal e como rematamos o segundo, é dicir, cunha proposta de traballo para toda a semana que inclúe tarefas de repaso de contidos xa traballados. De momento, non temos  instruccións específicas en canto ao funcionamento e desenvolvemento deste terceiro trimestre. Cando se produza algunha novidade importante comunicarase na menor brevidade posible.

Premede no seguinte enlace para abrir e obter o conxunto de fichas en formato PDF.

*CORRIXIDO: HABÍA UN PAR DE FICHAS QUE XA SE FIXERAN*         
(14/04/2020-12:29)



NOTA ACLARATORIA: Todas as fichas contan cunha orientación vertical agás a última que está en horizontal.

Inclúo, a modo orientativo, unha planificación semanal que contempla o conxunto das fichas propostas para esta semana. Os vídeos que inclúo son material complementario que permiten profundizar e/ou ampliar determinados contidos. 




 Que teñades un bo inicio de semana! Unha aperta moi grande! 😉