Bo día a todos/as!
Espero e desexo de todo corazón que tod@s esteades ben no referente á cuestións de saúde e que puiderades "desconectar" a pesares de que a situación segue sendo cando menos singular. Comezamos o terceiro trimestre tal e como rematamos o segundo, é dicir, cunha proposta de traballo para toda a semana que inclúe tarefas de repaso de contidos xa traballados. De momento, non temos instruccións específicas en canto ao funcionamento e desenvolvemento deste terceiro trimestre. Cando se produza algunha novidade importante comunicarase na menor brevidade posible.
Premede no seguinte enlace para abrir e obter o conxunto de fichas en formato PDF.
*CORRIXIDO: HABÍA UN PAR DE FICHAS QUE XA SE FIXERAN*
(14/04/2020-12:29)
NOTA ACLARATORIA: Todas as fichas contan cunha orientación vertical agás a última que está en horizontal.
Inclúo, a modo orientativo, unha planificación semanal que contempla o conxunto das fichas propostas para esta semana. Os vídeos que inclúo son material complementario que permiten profundizar e/ou ampliar determinados contidos.
Que teñades un bo inicio de semana! Unha aperta moi grande! 😉


No hay comentarios:
Publicar un comentario