Unha vez máis póñome en contacto convosco para solicitar a vosa colaboración e participación. A semana pasada dende a páxina web do colexio fixemos un chamamento ás familias para que vos puxérades en contacto connosco e nos enviárades un correo electrónico aos titores/as para saber como están sendo estos días de confinamento nos fogares. Moitos de vós xa o fixéchedes e agradecemos a vosa dedicación. Outros aínda non. Non sabemos se é por falta de medios, recursos ou tempo.
Gustaríame que calquera familia que lese esta entrada no blogue (independentemente de que xa vos puxerades en contacto ou non) fixera extensible a información que aquí se expón ao resto de familias para contar co maior número de comunicacións e para ir creando unha listaxe de correos electrónicos, por se fixera falta botar man deles.
Por outra banda, as familias que xa vos puxéchedes en contacto comigo envieivos unha enquisa sobre medios e recursos dixitais nos fogares. Anímovos a que cubrades este formulario que tan só vos levará un par de minutos.
Aproveitando a ocasión, suxírovos que esteades pendentes das novas que se incorporan na páxina web do colexio, así como das entradas que se publican neste blogue.
CORREO ELECTRÓNICO: segundoaoutes@gmail.com

No hay comentarios:
Publicar un comentario