miércoles, 29 de abril de 2020

RETO MUIÑEIRA - II PARTE

"Abro, cerro, 1, 2, 3,..." Así quedara eu co primeiro vídeo do mestre Pablo para aprender a bailar unha muiñeira. Pois ben, agora toca poñerse co segundo vídeo para ir perfeccionando o noso baile. É unha actividade que se presta para facer en familia. Animádesvos? Seguro que o ides pasar xenial! 

1ª CLASE:


2ª CLASE:


Non hai mellor maneira de festexar o Día Internacional da Danza! 


martes, 28 de abril de 2020

PAMPALLÍN 2020

Engádovos un pequeno póster sobre a actividade do Pampallín. O curso pasado xa puxeramos en funcionamento esta actividade nas aulas do colexio e gustara moito..! Podedes consultar a información de xeito máis detallado no seguinte enlace:



E se por algunha circunstancia non recordades en que consiste a actividade, podedes botarlle un ollo ao seguinte vídeo:



lunes, 27 de abril de 2020

MENSAXE ABALARMÓBIL


📣📣📣 Hoxe envieivos unha mensaxe a través da aplicación AbalarMóbil. Por favor, revisade as notificacións e respondede na menor brevidade posible. 

abalarMóbil - Aplicaciones en Google Play

domingo, 26 de abril de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA A SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

Bo día a tod@s! Comezamos unha nova semana con enerxía e coas pilas recargadas!

Especifícovos a continuación a proposta de traballo para esta semana, un chisco máis curta debido ao festivo do venres 1 de maio, Día da Festa do Traballo. Nela inclúo actividades dos materias dos nenos e nenas (libros e cadernos), así como algunha ficha que podedes descargar no seguinte enlace:



Ademais, inclúo a correspondente temporalización semanal como suxerencia á hora de realizar as actividades propostas.



🌳 Que teñades unha moi boa semana! 🌳 


P.D.: Na páxina web do colexio podedes ver o fermoso vídeo creado en alusión ao Día do Libro. Unha auténtica delicia! Para poder acceder a el pinchade aquí.

viernes, 24 de abril de 2020

RESOLUCIÓN DO TEST

O prometido é débeda... Por se había algunha dúbida arredor das solucións do test, inclúo a continuación unhas imaxes coas mesmas. SORTE !!! 


FELIZ FIN DE SEMANA! 

RECEITAS DE COCIÑA RICAS E SAUDABLES - 3ª ENTREGA

Seguimos coas vosas propostas no ámbito gastronómico. Neste caso contamos cunha sobremesa refrescante, fácil de elaborar e moi apeticible para días solleiros. Tan só precisades auga, limóns e azucre. Mirade o resultado...



O cociñeiro Juan Andrés preparou un fantástico "Granizado de limón" 🍋


COCIÑEIR@S CON ESTRELAS MICHELÍN!!! 🌟🌟🌟🌟🌟


E, vós con que nos queredes abraiar?

METAMORFOSE DOS CÁGADOS EN RAS

Non vos preguntarades durante todo este tempo que pasara cos cágados que tiñamos na aula? Pois ben, chegou o día de contarvos que pasou con eles... 👀

O último día de escola metinnos todos nunha botella grande de litro e medio con auga (pobriños, cos que eran!) e leveinos para casa. Non sabía se ían sobrevivir todos a viaxe, a auga turbia e case sen osíxeno...

Algúns morreron, moi pouquiños. A partir de aí volvín crearlle o seu hábitat, similar ao que tiñamos na clase, e pensei que algo de comer con consistencia lles tiña que ofrecer: comecei a darlles comida para peixe. Pois o invento non saíu tan mal porque aos poucos días, semanas máis ben, comezaron a sufrir a transformación:

- Primeiro saíronlle as patas de atrás
- Logo as de diante
- E, por último perderon a cola
- Xa non querían vivir somerxidas debaixo da auga e querían estar enriba das pedras.

O momento de soltalas e deixalas nunha charca tomeina cando unha tarde unha das pequenas ras estaba fóra da caixa transparente onde as tiña, arredor dos meus útiles de traballo (cadernos, bolígrafos, ordenador, etc.). Nese intre, entendín que xa era o momento de darlles máis espazo, máis liberdade e foi cando as deixei nunha auga estanca preto dun regato. Alí convivirían no seu hábitat natural co resto de ras que alí viven, en compañía, en harmonía coa natureza.

Foi unha mágoa non poder vivir ese proceso en directo pero para que vos fagades unha lixeira idea do que tiñamos que ter vivido en condicións habituais de escola, inclúovos este pequeno vídeo para que vos sintades parte da súa metamorfose. 🐸



jueves, 23 de abril de 2020

CORRECCIÓNS DAS ACTIVIDADES

As fichas que os nenos e nenas vaian facendo ao longo deste trimestre pódense mandar ao correo electrónico habilitado mentres duren as clases a distancia para a súa corrección. Vexo factible facelo de dúas maneiras:

Escanear                                           Facer fotos

                         


Calquera das dúas opcións é válida. Logo habería que mandalas por correo electrónico a: segundoaoutes@gmail.com e esperar as correccións correspondentes.

É importante ser regular á hora de enviar as actividades, é dicir, non enviar todas as fichas a final de trimestre nin tampouco de xeito diario. Penso que cunha periocidade semanal ou dúas veces por semana, en función das circunstancias de cada familia, pode ser apropiado.

2º Música IES Villa de Níjar: Corrección de tareas del tema 2

Algunhas familias xa vos estades animando a enviarme as fichas da semana pasada e hai quen emprega a ferramenta CamScanner. Por se queredes e tendes tempo de fedellar, polo pouco que vin de maneira moi sinxela permite editar as imaxes cunha boa resolución.

RECEITAS DE COCIÑA RICAS E SAUDABLES - 2ª ENTREGA

Máis compañeiros/as da aula animáronse durante estes días a enviarnos as súas suxestións culinarias. Veredes que hai de todo: primeiro prato e sobremesa para todos os gustos pero ambos cun denominador común: a pinta é fabulosa!


                                                  Ummm!!!😋



O cociñeiro Manuel quixo sorprendernos cun prato titulado: 
"Cabaciñas con recheo de atún"

...............................................................................................



A cociñeira Andrea quixo deleitarnos cun 
"Brownie de noces, sen glute"


COCIÑEIR@S CON ESTRELAS MICHELÍN!!! 🌟🌟🌟🌟🌟


Continuamos esta viaxe culinaria. ANÍMASTE A ACOMPAÑARNOS?



martes, 21 de abril de 2020

RECEITAS DE COCIÑA RICAS E SAUDABLES

Xa nos van chegando algunhas imaxes para compartir algunhas receitas que fixeron algúns alumnos/as da aula. A pinta é fabulosa! Agradezo enormemente que saquedes tempo de onde non o hai para mandarnos as vosas propostas culinarias e, deste xeito, establecer pontes de comunicación, aínda que sexa a través das redes. 


Unha auténtica delicia para os sentidos! 😋



"Sobremesa de galletas, iogur, melocotón e mel"

Receita elaborada polo cociñeiro Óscar

.............................................................................................




A cociñeira Ainhoa proponnos unha receita titulada: 

"Rollitos de xamón e queixo"


COCIÑEIR@S CON ESTRELAS MICHELÍN!!! 🌟🌟🌟🌟🌟

Esperamos as vosas receitas saborosas...

lunes, 20 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

O vindeiro xoves, día 23 de abril, é o DÍA DO LIBRO 📗. Para tal ocasión pedimosvos a vosa inestimable participación e colaboración. Abride a seguinte imaxe e seguide as indicacións...


ENTREGA DE MATERIAL ESCOLAR

A partir de hoxe, luns 20 de abril, o Concello en colaboración co CEIP Plurilingüe de Outes facilitará o material (libros e cadernos) do alumnado matriculado neste centro ás familias que así o soliciten. Na medida das posibilidades tentarase, a partir da vindeira semana, realizar algunhas das actividades propostas nestes materiais tendo en conta as indicacións proporcionadas até o momento pola Consellería de Educación (actividades de recuperación, repaso e reforzo). Para poder continuar coa proposta de tarefas da próxima semana é recomendable formular a petición ao Concello. Para máis información premede no seguinte enlace ou abride a seguinte imaxe: 

 La imagen puede contener: texto

domingo, 19 de abril de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA A SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Ola de novo nenos e nenas! Que tal a fin de semana? Espero que ben!

Comezamos esta segunda semana do terceiro trimestre cunha proposta semanal de tarefas e actividades das diferentes materias. Esta semana como novidade inclúo un test, a modo de repaso, e un cuestionario para coñecer mellor como estades levando o período de corentena. 




Como vén sendo costume, inclúo unha planificación que contempla as fichas propostas para esta semana, por se fora do voso interese.




A semana pasada incluín unha proposta para realizar unha receita de cociña sinxela: unha sobremesa saudable. No caso de que levarades a cabo esta actividade espero con ansias que me mandedes algunha foto ou pequeno vídeo do proceso e/ou resultado.

Que teñades unha moi boa semana!!! 💜 💙 💜

viernes, 17 de abril de 2020

RESISTIREMOS!!!

Queremos finalizar esta primeira semana, de incerteza e de certo caos polas novas que nos van chegando dos diferentes medios de comunicación en relación ao COVID-19, cunha canción e vídeo para vós. Porque xunt@s somos máis fortes! MOITO ÁNIMO E PACIENCIA!!! BICOS E APERTAS A MOREAS!!!  RESISTIREMOS!!

O CEIP Plurilingüe de Outes presenta:

🍀 🍀 🍀 A F O U T E Z A !!! 🍀 🍀 🍀 

Collede asento e dádelle ao play



Para vós: Gabriel, Jorge, Alejandro, Martín, Iker C., Andrea, Carla, Iker G., Juan Andrés, Óscar, Ainhoa, Gabriela, Mara, Mateo e Manuel.
Porque sodes uns campións e campioas!!! 💪

jueves, 16 de abril de 2020

RECURSO PARA TRABALLAR AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR

Déixovos o nome dunha aplicación para móbiles (non sei se tamén será válida para tabletas) para traballar as táboas de multiplicar, por se fose do voso interese.


                                      Cover art

Trátase dunha aplicación que consta de tres apartados: 

- Aprendo: aparecen as táboas do 1 até o 12 para aprendelas.

- Xogo: permíteche comezar por un nivel fácil e ir desbloqueando os niveis (as táboas) seguintes.

- Duelo: neste apartado podes baterte nun duelo con outra persoa. Existen tres niveis: fácil, intermedio e difícil. Para acceder a este apartado é importante saber moi ben as táboas, xa que gana o primeiro que elixa a opción correcta.

lunes, 13 de abril de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL


Bo día a todos/as!

Espero e desexo de todo corazón que tod@s esteades ben no referente á cuestións de saúde e que puiderades "desconectar" a pesares de que a situación segue sendo cando menos singular. Comezamos o terceiro trimestre tal e como rematamos o segundo, é dicir, cunha proposta de traballo para toda a semana que inclúe tarefas de repaso de contidos xa traballados. De momento, non temos  instruccións específicas en canto ao funcionamento e desenvolvemento deste terceiro trimestre. Cando se produza algunha novidade importante comunicarase na menor brevidade posible.

Premede no seguinte enlace para abrir e obter o conxunto de fichas en formato PDF.

*CORRIXIDO: HABÍA UN PAR DE FICHAS QUE XA SE FIXERAN*         
(14/04/2020-12:29)



NOTA ACLARATORIA: Todas as fichas contan cunha orientación vertical agás a última que está en horizontal.

Inclúo, a modo orientativo, unha planificación semanal que contempla o conxunto das fichas propostas para esta semana. Os vídeos que inclúo son material complementario que permiten profundizar e/ou ampliar determinados contidos. 




 Que teñades un bo inicio de semana! Unha aperta moi grande! 😉
 

domingo, 5 de abril de 2020

SERVIZO DE IMPRESIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

Son moitas as iniciativas solidarias e de cooperación que observamos, día tras día, nos diferentes medios de comunicación e nas redes sociais. En tempos de crise e de dificultade afloran, moitas veces, boas propostas, así coma persoas, colectivos ou organismos que senten a necesidade de facernos a vida un pouco máis amable. 

Dende o Concello de Outes ofrécennos un servizo de impresión de material escolar como apoio ás familias que non dispoñan dos recursos necesarios no fogar. Para máis información podedes visitar o Facebook do Concello no seguinte enlace ou abrir a imaxe que aparece a continuación.


La imagen puede contener: texto


viernes, 3 de abril de 2020

SEGUIMENTO DO PROCESO DE ENSINO E APRENDIZAXE

Boa tarde familias,

Unha vez máis póñome en contacto convosco para solicitar a vosa colaboración e participación. A semana pasada dende a páxina web do colexio fixemos un chamamento ás familias para que vos puxérades en contacto connosco e nos enviárades un correo electrónico aos titores/as para saber como están sendo estos días de confinamento nos fogares. Moitos de vós xa o fixéchedes e agradecemos a vosa dedicación. Outros aínda non. Non sabemos se é por falta de medios, recursos ou tempo. 

Gustaríame que calquera familia que lese esta entrada no blogue (independentemente de que xa vos puxerades en contacto ou non) fixera extensible a información que aquí se expón ao resto de familias para contar co maior número de comunicacións e para ir creando unha listaxe de correos electrónicos, por se fixera falta botar man deles. 

Por outra banda, as familias que xa vos puxéchedes en contacto comigo envieivos unha enquisa sobre medios e recursos dixitais nos fogares. Anímovos a que cubrades este formulario que tan só vos levará un par de minutos.

Aproveitando a ocasión, suxírovos que esteades pendentes das novas que se incorporan na páxina web do colexio, así como das entradas que se publican neste blogue.

CORREO ELECTRÓNICO: segundoaoutes@gmail.com

RETO MUIÑEIRA

Queridas familias e nenos/as,

Dende as aulas de infantil nos propoñen un reto moi especial e divertido: aprender a bailar unha muiñeira mentres duren as clases a distancia. Que vos parece? Unha idea brillante! 

Non vos preocupedes se non sabedes bailar, xa que coa axuda do profesor Pablo todo será moito máis doado. Para quen necesite unha motivación extra, coméntovos que a idea é a de facer un baile colectivo o primeiro día de retorno ao colexio. Grandes e pequenos, mestres/as e familiares botando un baile para celebrar a volta á rutina. 👏👏👏

Eu xa estou practicando, anímovos a todos/as a que lle botedes un ollo ao blogue das compañeiras de infantil. Para iso, clicade no seguinte enlace:




jueves, 2 de abril de 2020

CUALIFICACIÓNS DO 2° TRIMESTRE

Hoxe publicáronse as cualificacións do 2° trimestre a través da aplicación gratuíta AbalarMóbil. Podedes atopar todas as instrucións de como descargar esta ferramenta na páxina web do colexio.

Para calquera dúbida ao respecto podedes poñervos en contacto co Centro de 10:00 a 13:00 no seguinte número de teléfono: 
881-997-701

Se aínda así tiverades algunha incidencia podedes mandarme un correo electrónico ao seguinte enderezo:
segundoaoutes@gmail.com



miércoles, 1 de abril de 2020

AVISO IMPORTANTE

Bo día familias e nenos/as,

Por mor da situación que estamos a vivir todos/as, gustaríame solicitarvos que aquelas fichas que incluín a maiores para realizar durante o período vacacional de Semana Santa as pospuxéramos para despois das vacacións. 

Estamos nunha situación extraordinaria e necesitamos tomar medidas extraordinarias. Nestas circunstancias sería positivo, dentro das nosas posibilidades, desconectar corpo e mente para poder afrontar con maior entusiasmo e enerxía o vindeiro trimestre. 

Sen outro particular e desexando que tod@s esteades ben, mándovos moito ánimo e paciencia. Unha aperta, 

Eva.