domingo, 29 de marzo de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA A ÚLTIMA SEMANA DO 2º TRIMESTRE

Bo día familias e nenos/as,

Engádovos nesta entrada a proposta de traballo pertencente a última semana do segundo trimestre. Un conxunto de fichas para realizar ao longo desta semana que podedes descargar premendo no seguinte enlace:

Fichas PDF última semana do 2º trimestre (un só documento)*

Plantilla restas levando PDF

Plantillas de escritura (máis recomendables plantilla 16 e/ou 17), por se alguén precisase.

Temporalización semanal PDF

Vídeo resta con llevadas - CAPÍTULO II (con cero nas decenas) 

Vídeo resta con llevadas - CAPÍTULO III (con ceros nas unidades e nas decenas)

*NOTA ACLARATORIAA maioría das fichas teñen unha orientación vertical pero algunhas están en formato horizontal.

Co fin de facilitar a súa realización inclúo, a continuación, un horario semanal que contempla a distribución do traballo proposto ao longo da semana. Evidentemente, cada quen pode organizar como lle sexa máis doado e eficaz. Unha vez máis, recalco que as actividades que aquí se propoñen son voluntarias e que, no caso de levalas a cabo, cada quen poden adaptalas as súa circunstancias familiares e necesidades.


Unha aperta moi grande! 😉

sábado, 28 de marzo de 2020

MATERIAL RECOMPILADO

Co fin de facilitar o traballo para moitas familias inclúovos nesta entrada unha recompilación das fichas (en formato PDF) que fun incluíndo ao longo destes días no blogue. Quizais chegue tarde. De todas maneiras, intentarei realizar unha única entrada o vindeiro luns que contemple todo o traballo proposto para a vindeira e última semana do segundo trimestre. 

Fichas PDF en conxunto (un só documento)

NOTA ACLARATORIA: Todas as fichas contan cunha orientación vertical agás as dúas últimas que están en horizontal.



jueves, 26 de marzo de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA O VENRES 27/03/2020

Un día máis, bo día a todos/as!

Despois de moito pelexar coas novas tecnoloxías conseguín crear un vídeo sinxelo para o repaso das restas levando. A calidade non é a mellor, iso garantízovolo, pero polo menos espero que cumpra a finalidade da súa realización: axudar a repasar a restas levando e que este contido non quede no olvido, a pesares de que xa estamos coas multiplicacións.

Dito isto, a proposta para o día de hoxe é a seguinte:

- Lengua castellana y literatura: continuamos co substantivo, neste caso co xénero (masculino e feminino) e co número (singular e plural).

Páxina 12 (xénero e número dos substantivos)
Páxina 7 (letra g/gu)

https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202022223_U32_U1_U101_U2

Aconsellaríavos que aquelas familias que teñades ocasión lles fagades un ditado aos nenos/as para ver como van e onde teñen dificultades. Esta tarefa sérvenos para que fagan un uso correcto da maiúscula (contido imprescindible e básico), para aprender a separar as palabras (non adoitaban ter moita dificultade neste punto), para traballar cuestións ortográficas mb/mp, r/rr, g/gu,... e tamén para ser minuciosos en canto a grafía, a orde e a limpeza dos seus escritos. Nós adoitabamos facelo do seguinte xeito:

Venres 27 de marzo de 2020
(deixabamos unha pauta en branco)
Ditado:
Aquí comezariamos a realizar o ditado con letra inicial maiúscula.

- Matemáticas: continuamos coas restas con levadas. Déixovos o enlace ao primeiro vídeo que creei. Despois premede no seguinte enlace para facer as seguintes actividades:

Páxina 16 (exercicio 2 - restas con levadas)
Páxina 17 (exercicio 4 - restas con levadas)
Páxinas 24 e 25 (repaso da táboa do 2)  
 
 https://prod.santillana.com/launcher_books/books.html?book=202012223_U32_U1_U101_U2



miércoles, 25 de marzo de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA O XOVES 26/03/2020

Ola a todos/as! Como levades estos días de confinamento (unha palabra nova que aprendimos)? Lembrade que se gozades de boa saúde (espero e desexo que así sexa), estos días sérvennos para deixar voar a nosa imaxinación... e tamén para facer cousas pendentes que no día a día nos da un pouco máis de preguiza facer: 

০ axudar nos labores domésticos
ordenar o noso cuarto 👀
facer algo de limpeza nos caixóns
afiar as ceras
seleccionar os rotuladores que pintan dos que non
ordenar o estante dos libros 📗📘📙
revisar a roupa que nos serve e a que non 👕👖👗👚
ollar os álbums de fotografías da nosa familia 👪
coidar das nosas mascotas (se as temos) 🐱 🐶
preparar o almorzo 
facer unha macedonia de froitas (saudable e riquísima!) 🍊🍓🍐🍏
regar as plantas 🌷
facer ese quebracabezas interminable e cunha morea de pezas
০ seguro que se vos ocorren moitísimas máis propostas a vós...

E, ademais diso, para non perder o rendemento escolar propoño o seguinte... 😉

- Ciencias sociais: tema 2 relacionado coas profesións e os sectores de traballo. Podedes realizar as fichas propostas se clicades na marxe dereita do blogue (Ciencias socias - tema 2: todo tipo de traballos)

- Lingua castelá e literatura: as seguintes fichas (unha lectura e unha redacción)



 

PROPOSTA DE TRABALLO PARA O MÉRCORES 25/03/2020

🍀🍀🍀 Bo día rapaces e rapazas! Que tal levades a semana? Recordade que un día máis significa un día menos. Pronto nos veremos nas aulas e poderemos abrir faladoiro para contarnos unha morea de cousas... 🍀🍀🍀

Inclúovoso a continuación algunhas tarefas para seguir traballando e, deste xeito, evitar que as aprendizaxes queden no olvido.

- Matemáticas: páxina 16 (actividade1), páxina 17 (actividade3) e páxina 19 (actividade 2). Podedes premer no seguinte enlace para abrir o caderno de matemáticas

- Lengua castellana y literatura: páxina 4, 5 e 6 (unha lectura coas súas correspondentes actividades de comprensión lectora e unhas actividades entorno ao substantivo) Para recordar este contido e antes de comezar a facer as tarefas podedes clicar no seguinte enlace. Serviravos para, a modo de repaso, recordar as clases de substantivos.

Os enlaces que incorporo pertencen á editorial Santillana, que moi amablemente nos cede os cadernos en aberto para poder continuar co noso proceso de aprendizaxe. Neste caso, xa non contamos coa posibilidade de que sexan interactivos pero sérvennos de guía e como soporte para realizar diferentes tarefas empregando un caderno/folios, lapis e goma. Dende a editorial aconséllannos abrir estos enlaces dende Google Chrome.


lunes, 23 de marzo de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA O MARTES 24/03/2020

Bo día nenas e nenos!

A miña proposta para hoxe martes é a seguinte:

- Ciencias da natureza: imos facer un breve recordo do traballado no tema 2. Podedes ver o traballo requerido na marxe dereita do blogue no apartado titulado Ciencias da natureza - tema 2

- Lengua: unha ficha sobre unha lectura e outra sobre o uso correcto das comas nunha enumeración.




















- Matemáticas: unha ficha de multiplicacións. Coido que só é factible facer a primeira e a segunda actividade. En canto á terceira pódena facer en parte, xa que inclúe táboas de multiplicar que aínda non traballamos.
Que teñades un bo día! 😀

domingo, 22 de marzo de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA O LUNS 23/03/2020

Bo día a tod@s!

Comezamos esta nova semana coa seguinte proposta de traballo:


- Libro de comprension lectora: ficha número 19 titulada "Cada cosa en su lugar", unha adaptación de Félix María de Samaniego. Despois de realizar a lectura podedes subliñar todos os froitos e hortalizas que se mencionan na mesma e razonar se o traballo que desempeña Celestino forma parte do sector primario, secundario ou terciario. 





- Matemáticas: déixovos un enlace para seguir repasando a táboa do 4. Trátase dun documento con multiplicacións da táboa do 4 de forma salteada. Non pasedes de diapositiva sen resolver a multiplicación, xa que na seguinte aparece a resposta; deste xeito podedes verificar se a vosa resposta é correcta ou non.

- Ciencias sociais: na marxe dereita do blogue tendes unha serie de recursos (un vídeo e varias fichas) referentes ao tema 1 de ciencias sociais titulado Ao noso redor.


De novo, recórdovos que as propostas que dende o blogue realizo son voluntarias aínda que sempre recomendables. Como xa sabedes, cada quen pode adaptar as suxestións de traballo as súas circunstancias persoais e/ou recursos.


Que teñades un bo inicio de semana! Coidádevos moito!


AQUELANDO TAMÉN QUEDAMOS NA CASA

A Televisión de Galicia vai emitir, dende hoxe luns e pola súa segunda canle, a G2, un bloque de programación educativa en áreas diversas. Este bloque emitirase mentres os centros escolares permanecen pechados atendendo as restricións para loitar contra o coronavirus.

Horario de emisión: de luns a venres de 11:00 a 13:00

Para máis información preme no seguinte enlace


sábado, 21 de marzo de 2020

DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA

Como xa saberedes onte cambiamos de estación, xa estamos na primavera. Quen o diría! Do mesmo xeito, hoxe sábado día 21 de marzo conmemoramos o Día Internacional da Poesía e mañá domingo celébrase o 💧 Día Mundial da Auga, un recurso imprescindible para todos os seres vivos. Estaredes de acordo comigo... cantas cousas! E vós, tendes algún libro de poemas favorito ou algunha poesía que vos guste moito?




 Atrevédesvos a escribir un poema ou unha estrofa pequeniña? Se, finalmente, vos animades podedesma enviar ao correo electronico que aparece na cabeceira deste blogue. Espero as vosas propostas! Apertas

miércoles, 18 de marzo de 2020

FICHA SEMANAL

Bo día a todos/as e feliz día de San Xosé!

Segundo o calendario escolar, hoxe xoves día 19 de marzo é festivo e mañá sería un dos días que o centro escollera como día non lectivo. Aínda así, engádovos xunto con esta entrada unha dobre ficha semanal para repasar contidos das materias de ciencias e lingua galega. A idea é que a teñades da vosa man para realizala cando consideredes oportuno. No caso de poder facela por escrito recordade que a presentación, a claridade dos escritos e a orde e limpeza son un punto moi importante ao voso favor! Ánimo! 🙌






martes, 17 de marzo de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA O MÉRCORES 18/03/2020

Bo día raparigos e raparigas!

Como ides coas táboas de multiplicar? Ben? Xa empezáchedes coa táboa do 4? Se é así bo sinal, significará que xa tendes sabidas e máis que sabidas as táboas do 2 e do 3 👏👏👏👏👏

Para continuar co traballo iniciado esta semana e tendo en conta que os mércores temos matemáticas e lingua, aí vos vai a proposta de traballo para hoxe:

-  Matemáticas: déixovos un enlace para seguir practicando a táboa do 4. Se alguén non empezou onte pode iniciar o estudo e a memorización a través do seguinte enlace. Xa fixemos algunhas actividades similares na aula. A maiores engado unha ficha de multiplicación e outra de problemas. Se tendes ocasión de facela en formato papel, acordádevos de rodear os datos e de subliñar a pregunta. Razoade antes de elixir se se trata dunha suma, resta ou multiplicación e á hora de escribir a solución volvede ler a pregunta porque moitas das palabras que ides escribir aparecen na propia pregunta; e isto vennos moi ben para detectar se hai algunha palabra con h, con b/v, con r/rr,... E ollo 👀 acordádevos de escribir a maiúscula inicial!



- Lingua/lengua: bo momento para realizar as páxinas 37 e 38 do caderno de lingua galega. No caso de telas feitas propoño o seguinte:  




MATERIAL EDELVIVES

Co fin de facilitar o traballo na rede durante estos días queda a vosa disposición un enlace aos libros de texto da editorial Edelvives, editorial que por outra banda empregamos nas materias de ciencias sociais e ciencias naturais. Para acceder a eles, só tendes que clicar no enlace "libros dixitais" e introducir o usuario e o contrasinal que vos indico a continuación:

USUARIO: primaria2@serradeoutes.es
CONTRASINAL: edelvives

É importante que saibades que os libros dixitais son de consulta, polo tanto para que todo o mundo poida visualizalos sen as respostas non debedes facer as actividades neles. Tendes a opción de facelos oralmente ou de realizalos nun caderno.

PROPOSTA DE TRABALLO PARA O MARTES 17/03/2020

Bo día a tod@s e benvid@s aos que vos incorporades hoxe!

Continuamos a semana coa seguinte proposta de traballo:

- Primeiro podedes botarlle un ollo ao apartado de Ciencias da natureza, ubicado na marxe dereita deste blogue, e realizar as actividades pertencentes ao primeiro tema desta materia. Contades cun video e varias actividades a modo de repaso. 

- Non vos despistedes co estudo e memorización das táboas de multiplicar. Ata o de agora, na aula viramos e aprenderamos as táboas do 2 e do 3. Sería conveniente repasar estas dúas e, no caso de sabelas ben, comezar xa coa táboa do 4. Déixovos os vídeos da táboa do 2, 3 e 4; e, tamén, algunhas tarefas para afondar no estudo das mesmas. 




















  
Recordade a importancia de facer algo todos os días. Estas tarefas son propostas que cada quen poderá adaptar as súas circunstancias e necesidades. Con todo, é importante non perder o ritmo de traballo.

lunes, 16 de marzo de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA O LUNS 16/03/2020

Bo día familias e nenos/as!

Debido á suspensión da actividade lectiva nos centros educativos por mor do COVID-19, empregaremos esta ferramenta dixital para comunicarnos e estar en contacto en todo o relacionado coa titorización e atención ao alumnado. 

Antes de nada recórdovos a tod@s que o xoves enviei o caderno de galego (páxinas 37 e 38), así como o libro de comprensión lectora (fichas 14 e 19).

Para comezar sería interesante realizar a ficha número 14 do libro de comprensión lectora. Normalmente adoitamos traballar con este libro os luns durante as dúas primeiras sesións, despois de levar a cabo a asemblea e o calendario. Quizais algúns xa a fixéchedes durante a fin de semana. No caso de ser así non vos preocupedes temos propostas de traballo para seguir traballando.

Podemos continuar coa ficha semanal que vos inclúo a continuación e que non me dou tempo de dárvola personalmente. Neste caso a ficha versa sobre contidos propios das materias de ciencias, tanto sociais como naturais. Recoméndovos que se podedes a fagades, xa que ao longo do curso as fichas semanais estaban relacionadas, principalmente, con contidos matemáticos e, nalgunhas ocasións, coas linguas pero case nunca coas ciencias.




















Se despois de todo isto, tendes máis tempo podedes acudir á marxe dereita do blogue e clicar nun apartado denominado Recursos e enlaces de matemáticas. Alí atoparedes varios enlaces que vos van levar a páxinas interactivas para poder traballar contidos, especialmente, de numeración.

Sería interesante facer algo todos os días. Evidentemente cada familia pode adaptar o traballo as súas circunstancias e recursos. Non todo o mundo ten porque ter dispositivos electrónicos, nin internet ou impresora. As fichas que vaia subindo podedes barallar imprimilas (se tendes ocasión), facelas oralmente cun adulto ao carón que poida verificar se as respostas son ou non correctas ou de forma tradicional con lapis e papel (mellor pautado). Neste caso teriamos que ir copiando os enunciados e as respostas ás tarefas. De ser así, obviamente o traballo e o esforzo é moito maior, por iso quizais non é necesario facer todas as actividades propostas.

Ínstovos a que non deixedes a lectura de lado, todo o contrario agora temos tempo ilimitado para gozar da lectura por pracer!

Agardo que dentro das circunstancias sexan uns días proveitosos. Para calquera dúbida podedes poñervos en contacto comigo a través do seguinte correo electrónico: segundoaoutes@gmail.com. Estade pendentes, tamén, da páxina web do colexio por se houbera novas importantes. Seguimos en contacto na rede! 

Recibide un afectuoso saúdo,

Eva.