Como ides coas táboas de multiplicar? Ben? Xa empezáchedes coa táboa do 4? Se é así bo sinal, significará que xa tendes sabidas e máis que sabidas as táboas do 2 e do 3 👏👏👏👏👏
Para continuar co traballo iniciado esta semana e tendo en conta que os mércores temos matemáticas e lingua, aí vos vai a proposta de traballo para hoxe:
- Matemáticas: déixovos un enlace para seguir practicando a táboa do 4. Se alguén non empezou onte pode iniciar o estudo e a memorización a través do seguinte enlace. Xa fixemos algunhas actividades similares na aula. A maiores engado unha ficha de multiplicación e outra de problemas. Se tendes ocasión de facela en formato papel, acordádevos de rodear os datos e de subliñar a pregunta. Razoade antes de elixir se se trata dunha suma, resta ou multiplicación e á hora de escribir a solución volvede ler a pregunta porque moitas das palabras que ides escribir aparecen na propia pregunta; e isto vennos moi ben para detectar se hai algunha palabra con h, con b/v, con r/rr,... E ollo 👀 acordádevos de escribir a maiúscula inicial!
- Lingua/lengua: bo momento para realizar as páxinas 37 e 38 do caderno de lingua galega. No caso de telas feitas propoño o seguinte:




No hay comentarios:
Publicar un comentario