domingo, 22 de marzo de 2020

PROPOSTA DE TRABALLO PARA O LUNS 23/03/2020

Bo día a tod@s!

Comezamos esta nova semana coa seguinte proposta de traballo:


- Libro de comprension lectora: ficha número 19 titulada "Cada cosa en su lugar", unha adaptación de Félix María de Samaniego. Despois de realizar a lectura podedes subliñar todos os froitos e hortalizas que se mencionan na mesma e razonar se o traballo que desempeña Celestino forma parte do sector primario, secundario ou terciario. 





- Matemáticas: déixovos un enlace para seguir repasando a táboa do 4. Trátase dun documento con multiplicacións da táboa do 4 de forma salteada. Non pasedes de diapositiva sen resolver a multiplicación, xa que na seguinte aparece a resposta; deste xeito podedes verificar se a vosa resposta é correcta ou non.

- Ciencias sociais: na marxe dereita do blogue tendes unha serie de recursos (un vídeo e varias fichas) referentes ao tema 1 de ciencias sociais titulado Ao noso redor.


De novo, recórdovos que as propostas que dende o blogue realizo son voluntarias aínda que sempre recomendables. Como xa sabedes, cada quen pode adaptar as suxestións de traballo as súas circunstancias persoais e/ou recursos.


Que teñades un bo inicio de semana! Coidádevos moito!


2 comentarios:

  1. A poder ser, si podrías poñer os archivos en pdf, posto que neste formato de imaxe, ó imprimir saen algo mal, si é posible.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Acabo de ver e ler hoxe o comentario. Incluín unha entrada no blogue cun enlace ás fichas publicadas ata o de agora, en formato PDF. De todas maneiras, suxírovos que estas peticións as formuledes por correo electrónico, xa que esta plataforma non me avisa nin notifica cando escribides os comentarios e, así, poden pasar días ata que me dea de conta.

      Eliminar